lunes, 23 de noviembre de 2015

¿POR QUE SER SOLIDARIO?

¿Por que ser solidario? Eso piensan muchas personas. ¿Estas fotos y videos no son suficiente para convencer a la gente? Porque tú u otro que puede que estea leyendo, viendo o sintiendo esto, posiblemente tenga medios para ayudar y no lo hace. Piensa que hay gente que no pude comer, jugar, aprender, soñar… Pero aunque sólo des un euro a quien no tiene, dones ropa a quien no tiene o ayudes a quien no puede, estás haciendo mucho y eso hay que tenerlo en cuenta. 
¡POR LA SOLIDARIDAD!





                                                                                                                                     Por Zito



O CUARTO MUNDO

O cuarto mundo é un movemento de persoas de diferentes medios sociais comprometidas na loita pola dignidade, a participación e o recoñecemento efectivo dos dereitos de todos e todas, tendo como horizonte a erradicación da extrema pobreza. Este movemento foi fundado en 1957 por Joseph Wresinski, e que actualmente traballa nunha treintena de países en África, Asia, América y Europa. Un dos principais obxectivos é axudar a persoas coma anciás desamparados,viúvas e nais sen medios económicos,nenos abandonados, explotados ou prostituídos e tamén marxinados sociais. 
O principal problema que atopan diferentes organizacións asociadas con este movemento é que a pobreza cada vez vai aumentando,sobre todo en países cunha boa situación económica, que o que fan é repartir esa riqueza en dous bandos,completamente desiguais socialmente e,pouco a pouco,dando lugar aos 40 millóns de persoas que a día de hoxe atópanse nesta lamentable situación en Europa.
A causa disto,e coa intención de erradicar a pobreza,creáronse unha serie de prioridades previstas para cumprirse entre 2013 e 2017,que son: 
-Promover o acceso á educación e a construcción do saber coa intelixencia de todos,xa que,a día de hoxe, hai millóns de persoas que non poden ir a escola e non poden acceder aos coñecementos básicos. Trátase dunha gran discriminación,xa que moitas desas persoas poderían contribuír a unha mellor educación e tamén lograr combatir a pobreza e facer un mundo máis xusto.
-Promover unha economía respetuosa coas persoas e co Planeta Terra.Queremos conseguir que as persoas que sofren a pobreza poidan ser reinsertadas na sociedade e que poidan gozar dunha situación económica favorable,para iso estase traballando na creación da Asemblea do Traballo e da Aprendizaxe.
-Movilizar pola Paz e os dereitos humanos.Buscamos movilizar á cidadanía e conseguir que deixen atrás os seus prexuízos,logrando un respecto para todos a través das nosas campañas e accións.


jueves, 12 de noviembre de 2015

A AMIZADE


Esta imaxe faime reflexionar sobre a amizade. Un verdadeiro amigo é aquel que está ahí nos mellores e os peores momentos, axudándote a saír dos teus problemas sen importarlle os erros cometidos no pasado ou os defectos que teñas. Un amigo de verdade está presente tanto nos días grises como nos azuis e non te deixa só nunca. Se tes algún amigo así, cuídao, estará ahí para sempre.       
                                                  Por  Aldara

AS PALABRAS SEN OBRAS NON VALEN NADA

Dicía a miña a avoa, que as palabras sen obras non valen nada, e que razón tiña.
A día de hoxe estamos cansos de ver como os políticos, os líderes mundiais, diversos estamentos... nos prometen con bonitas palabras que van cambiar o mundo, que van a axudar as persoas que o necesitan... Pero eso non se traduce en feitos, á hora da verdade non cumplen nada do que din.

As verdadeiras persoas se recoñecen polo que fan, polos seus feitos.
Como di o refrán: “Obras son amores, e non boas razóns”. Por iso actuar e facer e máis importante que dicir e non facer.     
                                                     Por Sara Golpe