jueves, 10 de marzo de 2016

PALABRAS QUE NOS FAN PENSAR

Palabra clave: Batalla
Palabras para a reflexión: Aventura, Loitar, Imposible, Loucura, Adolescentes


Adóitase dicir que as persoas dentro de nós estamos cheas de loucura, nesta vida hai de todo un pouco pero nada é imposible. Vou poñer un exemplo que é moi común nos colexios. 
Toca empezar as clases de novo, todos volvemos a vernos e a estar xuntos para poder contarnos as nosas aventuras do verán. Un día calquera chega o noso profesor de calquera materia e dinos que vai vir un novo alumno, todos pensamos si será: alto ou baixo, doutra cor, con diferente idioma, louro ou moreno, etc.
Cando finalmente o coñecemos, vemos que no recreo esta só merendando e que algúns rapaces se rin del. ¿Por que a día de hoxe, aínda existe xente así? Os adolescentes, ás veces, non somos conscientes do que facemos ou dicimos, cando nos paramos a reflexionar, decatámonos de que igual ese rapaz tivo que loitar moito para chegar ao noso país ou para poder ter algo que levar á boca, en cambio nós vivimos como reis moitas veces; por outra banda, moitas outras veces, acabamos sendo mellores amigos desa persoa.

Por iso escollo como palabra clave BATALLA, porque podemos dicir que a vida é un BATALLA.



No hay comentarios:

Publicar un comentario